Inicio Carballo ao día Avisos Colabora no sistema de recollida de aceites de...

Colabora no sistema de recollida de aceites de cociña usados. Explicámosche como

Luns 20 de agosto do 2018

Solicita o teu funil de balde na Casa do Concello ou na oficina da UTE Carballo

Solicita o teu funil de balde na Casa do Concello ou na oficina da UTE Carballo

Despois da instalación dos primeiros contedores dun novo proxecto de recollida de aceites de cociña usados, o Concello de Carballo continúa co reparto de funís.

As persoas interesadas poden solicitalos de balde, ata fin de existencias, tanto na Casa do Concello (departamento de Medio Ambiente) coma na oficina da empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, UTE Carballo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34 – Local 15). Os embudes poden colocarse nas botellas de plástico de 1, 1,5 ou 2 litros e facilitan o almacenamento do aceite nos envases, que, unha vez cheos, deben introducirse pechados nos colectores.

O obxectivo é evitar que o aceite vexetal que usamos a diario na cociña ou o procedente das latas de conservas acabe nos desaugadoiros, non só porque pode obstruír as canalizacións ou causar avarías nas depuradoras, senón, e sobre todo, porque é un importante contaminante da auga. O sistema de recollida permite darlle unha nova vida, xa que, unha vez tratado, pode ser utilizado para a fabricación de diferentes produtos.

A recollida nos novos colectores vai dirixida aos fogares. Para grandes consumidores profesionais, desde o Concello de Carballo ofrécese a posibilidade de participar cun sistema de recollida individualizado. As empresas e/ou establecementos de restauración que teñan interese en participar poden poñerse en contacto con Carballo Limpo chamando ao 981 74 917 ou a través da web www.carballolimpo.com.

Compartir: