CULTURA
Remata o ciclo ‘Xóvenes Intérpretes’ no Pazo da Cultura
Venres 9 de xuño do 2006
En total, nos tres concertos participarán 70 alumnos de Grao Medio . Presentáronse tress novas agrupacións musicais formadas no seo do Conservatorio: a Orquestra Xuvenil, o Grupo de Percusión e o Grupo de Acordeóns. Ademáis, tamén interviu a Big Band do Conservatorio e o Coro do Conservatorio.
Espectáculo de maxia
Tamén hoxe venres, 9 de xuño, o público máis novo pode asistir a un espectáculo de maxia a cargo do Mago Marttyn, na Ludoteca Municipal a partir das 18,30 horas. Este mago mestura a maxia moderna e clásica, xoga coa imaxinación das persoas e ata o mesmo mago é cortado pola metade. A entrada é gratuita.