Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellaría de Servizos realizou a...

ABASTECEMENTO DE AUGA

A Concellaría de Servizos realizou a canalización para o subministro de auga en zonas do rural

Mércores 17 de agosto do 2005

Os criterios da Concellaría de Servizos e Mantemento para determinar os lugares nos que se desenvolveron as actuacións foron a densidade de poboación dos lugares e a gravidade do problema de abastecemento de auga. As zonas beneficiadas son os lugares de O Prego (na parroquia de Berdillo), A Costa (na Brea), Loenzo de Baixo (Bértoa), O Sixto, Cernide, Barreira, A Grela, e a escola de Gontade, na zona de Raña.

O concelleiro delegado de Servizos e Mantemento, Luis Lamas, explicou que con estes traballos "continúase co plan de dotación de subministro de auga en todo o concello" e anunciou que o Goberno municipal vai seguir desenvolvendo proxectos deste tipo noutras zonas que o precisen.

Compartir: