Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Museo de Bergantiños acolle unha...

CULTURA

O Museo de Bergantiños acolle unha exposición de Alberto Ferreiro

Xoves 8 de xuño do 2006

O autor da mostra reflite nas súas creacións a preocupación polo deterioro do medio ambiente. No primeiro andar do Museo instalarase unha proxección con dous experimentos visuais en vídeo e unha selección de deseños feitos para a televisión denominados O Tempo: unha cuarta dimensión. Alberto Varela Ferreiro naceu en Carballo en 1963 e é licenciado en Belas Artes, especialidade Deseño, pola Facultade San Jordi Universidad de Barcelona. Actualmente traballa como deseñador gráfico. Participou en varias revistqas e fanzines como A ameixa Cacofónica, Take de Tinta e máis recentemente na coñecida revista Golfiño. Foi gañador de varios certames de debuxo e ilustración a nivel nacional e realizou varias exposicións tanto a nivel nacional como internacional. Como autor ten publicado na colección de literatura infantil Merliño Brrumm-Brrumm e en Merlín tres volumes da súa obra infantil Anamarciana da que se realizou unha pequena exposición na Ludoteca Municipal no ano 2003. Alberto Varela Ferreiro foi o gañador do certame de carteis das festas do San Xoán de Carballo no ano 1988.

Compartir: