VISITA INSTITUCIONAL
O Concello doa 1.600 euros para as actividades do Centro Bergantiños de Montevideo
Mércores 7 de xuño do 2006
O acto no Centro Bergantiños foi un dos primeiros realizados polo rexedor local na viaxe que iniciou a Uruguai o pasado venres. Durante os vindeiros días, evencio Ferrero manterá un encontro con cidadáns de Carballo, unha xuntanza co primeiro Senador da República, Eleuterio Fernández Huidobro, unha visita ao Fogar Español para ancianos e un encontro oficial co Ministro de Asuntos Exteriores da República Oriental de Uruguai, Reinaldo Gargano. A chegada do alcalde de Carballo a Santiago está prevista para o vindeiro domingo, ás 10,30 horas.