Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o prazo para apuntarse ao campus de...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Remata o prazo para apuntarse ao campus de fútbol da Deputación da Coruña

Martes 6 de xuño do 2006

O campus de futbol celebrarase nas instalacións deportivas municipais de A Torre, en A Coruña. O aloxamento será no Conxunto Residencial Acea de Ama, en Culleredo, e celebrase do 2 ao 8 de xullo. A cota de inscripción é de 70 euros e inclúe estadía e manutención na residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. Non está incluído o transporte de ida e volta dos rapaces/as desde os concellos á residencia. As actividades a desenvolver no Campus serán, entre outras, actividades de adestramento tendentes a mellorar a técnica individual e colectiva dos xogadores, iniciación nos principios tácticos básicos, adestramento específico dos porteiros, partidos de competición entre os participantes (os equipos estarán compostos por xogadores de diferentes concellos e nivel físico-técnico equilibrado), e outras actividades deportivas como natación ou baloncesto. Ademáis, inclúense visitas culturais ao Acuarium Finisterrae, Casa das Ciencias, Domus, Torre de Hércules ou Castelo de San Antón e temática relacionada coa educación e os valores deportivos e olímpicos. O material recomendado, para o campus de fútbol, consta de un par de botas de fútbol con tacos de goma ou multitacos de 1 cm. (non se admitirán as botas de tacos de aluminio nin de tacos de plástico de rosca), unha prenda de abrigo (anorak ou chuvasqueiro), chándales, camisetas de deporte, pantalóns de deporte, pares de medias ou calcetíns de deporte e suadoiros, equipamento para porteiros: pantalón longo, guantes e suadoiro, traxe de baño, gafas e gorro de natación, chancletas e toalla de baño, pantalón, roupa interior, camisa, xersei, par de calcetíns, par de zapatillas de deporte, par de zapatos ou zapatillas de rúa e pixama, útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes e colonia e/ou desodorizante), cantimplora, gorra, gafas para o sol e crema protectora (mínimo factor 15).

Compartir: