CULTURA
A variedade destaca no extenso programa das festas de San Xoán
Luns 5 de xuño do 2006
O programa das festas inclúe moitas máis actividades e actos, como as tradicionais verbenas tódolos días na Praza do Concello, o Gran Prix de Carrilanas, a final do Trofeo Concello de Carballo de Fútbol de Peñas, diferentes pasarrúas, a X Mostra de Habaneras, a misa e procesión os días 24, 25 e 26, o Descenso do Anllóns, o Día do Neno, o Concurso de Cachelas ou a Festa do Bosque, a celebrar o domingo 2 de xullo con numerosas actividades no Bosque do Añón. A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, manifestou no acto de presentación que a intención do programa é que as festas sexán un referente comarcal, un lugar de encontro de idades e maneiras de ser que disfruten coa mestura de tradición e modernidade. Durante o acto, aproveitouse para facer entrega a Juan Pablo Fernández do premio como gañador do Concurso do cartel que anunciará o San Xoán este ano. A última Xunta de Goberno Local aprobou unha subvención de 98.000 euros para a realizacións dunhas festas que, a partir desta semana, xa contemplan a realización de varios actos.