Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unión Fenosa realizará traballos...

INDUSTRIA

Unión Fenosa realizará traballos para mellorar o suministro eléctrico en Cances Grande

Luns 5 de xuño do 2006

Actualmente está a punto de concluir o proceso de expropiación que foi necesario para o paso da liña de media tensión. Unha vez se xestionen todos os permisos, iniciaranse as obras coas que se mellorará a calidade do suministro eléctrico nesta zona. O Concello de Carballo denunciara ante a compañía eléctrica e a Consellería de Innovación e Industria, o pasado mes de marzo, a falta de suministro eléctrico en Cances Grande, que incluso deixara aos veciños desta zona sen luz por espazo de once horas o día 26.

Compartir: