Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon á disposición da...

INCENDIOS

O Concello pon á disposición da Consellaría os seus Grupos de intervención rápida

Mércores 17 de agosto do 2005

O Concello de Carballo conta con 15 traballadores, dúas motobombas e varios vehículos que unirá aos efectivos da Consellaría co obxectivo de extinguir os incendios activos na zona. "A situación foi bastante tranquila polo de agora pero as brigadas levan máis de 48 horas en alerta máxima", explicou o concelleiro delegado de Medio ambiente, Turismo e Xuventude, Manuel Luis Pan.

O edil sinala que durante a fin de semana se detectaron varios incendios que o persoal do Grumir "foi quen de atallar con rapidez", contodo, eran incendios moi perigosos porque se produciron nos arredores do casco urbano e en zonas moi próximas ás vivendas. O Concello confía en que a colaboración das brigadas municipais sirva para unificar as actuacións que está a desenvolver a coordinadora da Xunta de Galicia e a loita contra o lume sexa máis efectiva.

Compartir: