Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para participar da Escola...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Aberto o prazo para participar da Escola Deportiva de Verán e a de Iniciación Deportiva para Peques

Luns 5 de xuño do 2006

A XIII Escola Deportiva de Verán desenvolverase nos Pavillóns Vila de Noia (Zona Escolar) e Carballo Calero (Bergantiños) en horario de 9.30 a 14.00 horas. Á parte dos xogos e deportes en pavillón vanse realizar: actividades paralelas (excursións, actividades acuáticas, xogos alternativos, xogos autóctonos,…) e talleres (papiroflexia, xogos malabares e fotografía-prensa). Os prezos inclúen seguro de responsabilidade civil e son, para os dous meses, de 45 euros para os socios da AD Xiria e de 50 euros para os non socios. Para un mes, son de 35 euros para os socios e 40 euros para non socios. Os irmáns terán un desconto do 15%. Os talleres teñen un custo a maiores (10 € cada un) do prezo da escola e teñen carácter voluntario. Primeiro haberá unha toma de contacto por parte de todos os nenos/as e despois procederase á matriculación nos mesmos. A presentación para os participantes na XIII Escola Deportiva de Balonmán terá lugar no Pavillón Vila de Noia o día 3 de xullo ás 12.00 horas.

Xogos e Iniciación para Peques

O Padroado Deportivo Municipal e a Asociación Deportiva Xiria tamén organizan, co patrocinio da Asociación Anti-Droga Vieiro e a colaboración de Caixanova, Hierros Varela Urbieta SA e Lista Granit SA, do 4 de xullo ao 31 de agosto a 2ª Escola de Xogos e Iniciación Deportiva para Peques na que poden participar rapaces e rapazas nados nos anos 1997,1998,1999 e 2000. A Escola centrarase na Educación Física de Base, dándolle un papel básico á Psicomotricidade, a través de Xogos e Predeportes. O principal obxectivo é que os rapaces contemplen a actividade física como un hábito saudable e rutinario, no que o máis importante sexa a convivencia entre os participantes e o carácter lúdico de xogos e predeportes. Desenvolverase no Pavillón Vila de Noia (Zona Escolar) en horario de 11.00 a 14.00 horas. Á parte dos xogos en pavillón vanse realizar: actividades paralelas (excursións, actividades acuáticas, xogos alternativos, xogos autóctonos,…) e talleres (papiroflexia, xogos malabares e fotografía-prensa). O prazo de inscrición abriuse o 1 de xuño e formalizarase no Padroado Deportivo Municipal, rúa Coruña 1. Os prezos son os son os mesmos que para a Escola de Verán. A presentación para os participantes na 2ª Escola de Xogos e Iniciación Deportiva para Peques terá lugar no Pavillón Vila de Noia o día 3 de Xullo as 11.00 horas. Se fose precisa calquera aclaración chamade aos números seguintes: 981 702 109 (Padroado Deportivo Municipal) ou 609 560 955 (A. D. Xiria).

Compartir: