LITORAL
O areal de Pedra do Sal contará con bandeira azul no verán
Venres 2 de xuño do 2006
A Campaña Bandeira Azul é un símbolo recoñecido que exixe o cumprimiento de exixentes niveis sanitario-ambientais, a existencia de sanitarios adecuados e sin vertidos, así como servizo de salvamento, socorrismo e primeiros auxilios na praia ou no porto con bandeira azul. O galardón baséase no cumprimento dunha serie de criterios específicos nas praias e portos galardoados, que se agrupan en torno a catro pilares básicos, como a calidade dlas augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión medioambiental e a seguridade e servizos.
Ponte de Baldaio
Outra das novas que nos deixa o litoral é o derribi da parte superior da ponte grande de Baldaio, 32 anos despóis da súa construcción. As obras de demolición comezaron onte xoves e enmárcanse dentro do plan de ordenación de usos do sistema natural de Razo-Baldaio, que financia Costas cun orzamento superior aos dous millóns de euros. Con esta actuación, a ponte pasará a ser peatonal e recuberta de madeira.