CULTURA
Jorge Sanz e Enrique San Francisco representan ‘Hijos de mamá’ no Pazo da Cultura
Xoves 1 de xuño do 2006
Hijos de mamá conta a historia de dous irmáns, un deles xa independizado e outro que aínda vive coa nai. Un grave suceso xunta aos dous baixo o mesmo teito e desencadea unha serie de divertidos equívocos que cambian por completo a situación inicial. Sobre esta obra escribiuse que era unha nova homenaxe, en forma de parodia, do cine de Alfred Hitchcock e a escritura de Patricia Highsmith, quizá en referencia a ‘Tira a mamá del tren’, película interpretada e dirixida por Danny de Vito. A representación en Carballo desta obra é froito da colaboración entre Caixa Nova, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo.