URBANISMO
Convocada a mesa de contratación do proxecto de reforma do mercado e aparcamento soterrado
Mércores 31 de maio do 2006
Se a mesa de contratación acepta a oferta, a empresa disporá de tres meses para elaborar o proxecto definitivo. No caso contrario, o concurso quedará deserto. A construcción do aparcamento afectaría a toda a praza, excepto aos espazos ocupados pola casa consistorial e xardín municipal. O edificio comercial previsto na reforma do mercado acometeríase a continuación. A mesa estará presidida polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e participan da mesma os concelleiros de Facenda, Urbanismo e Comercio, un representante do grupo municipal do PP, o arquitecto municipal, a interventora, o secretario do Concello, un técnico da área de Urbanismo e un funcionario que exercerá como secretario. Con voz, pero sen voto, participarán da mesa os delegados dos actuais concesionarios do mercado e do Centro Comercial Aberto.