CULTURA
Rematan as exposicións do Museo de Bergantiños e o Pazo da Cultura
Mércores 31 de maio do 2006
Os escolares tiveron a oportunidade de, a través de diversos recursos, desfrutar dunha visión xeral da fauna e flora galegas a través de paneis explicativos, equipos informáticos con xogos de descrición e identificación dunha ampla gama de animais, así como figuras de barro de follas de árbores e pegadas de animais a tamaño natural.
Morfoxénesis
Ademáis, mañá xoves, 1 de xuño, remata no Pazo da Cultura a exposición Morfoxénesis do pintor afecioado carballés Manuel Facal Suárez. A mostra está integrada por 18 cadros realizados nos últimos 15 anos e teñen como centro temático a natureza. Na obra pictórica de Manuel Facal atópanse influencias do surrealismo, do dadaísmo e dos movementos de vangarda de principios de século. A exposición Morfoxénesis atópase na sala de exposicións do Pazo da Cultura desde principios do mes de maio.