Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Observatorio Socioeconómico celebra os...

ANTENA CAMERAL

O Observatorio Socioeconómico celebra os primeiros foros de 2006

Mércores 31 de maio do 2006

Trátase, pois, de extraer información dinámica sobre a situación e problemáticas específicas do empresariado da zona. O primeiro foro celebrouse o martes, 30 de xuño, cunha mesa de traballo adicada ao sector textil. A segunda das mesas ten lugar hoxe mércores, 31 de maio, para falar da competitividade empresarial. O terceiro dos foros versará sobre a cooperación empresarial e terá lugar o xoves, 1 de xuño. O obxectivo para as tres reunións é o de detectar e priorizar os factores con maior incidencia no desenvolvemento das empresas da zona en cada un dos temas tratados. Ás reunións están convidados axentes sociais, empresas, institucións, asociacións e organismos que configuran un amplo grupo de traballo, ao tempo que representativo da realidade socioeconómica da zona obxecto de estudio.

Compartir: