Inicio Carballo ao día Hemeroteca O carballés Manuel Facal expón a...

ARTE

O carballés Manuel Facal expón a súa obra en Nova Iorque

Martes 16 de agosto do 2005

As últimas obras de Manuel Facal forman parte dunha exposición colectiva que tamén amosa o traballo dos artistas Danny Simmons e Charles Dudley. Abstración: expresións da cultura afonda en cómo a cultura inflúe nas obras artísticas que teñen que ver coa abstración.

Manuel Facal (Carballo, 1943) é un creador multidisplinar: pintor e escultor abstracto, aínda que a súa faceta máis coñecida é a de gravador. Manuel Facal conta cunha obra ampla e variada que comprende, entre outras cousas, a pintura, o gravado, o estampado de carpetas sobre textos poéticos, os libros de artista, o collage ou fotografia. As súas continuas viaxes por todo o mundo brindáronlle a oportunidade de traballar con artistas internacionais como a gravadora arxentina Carmen García ou o artista Joan Miró.

Os seus traballos foron expostos en todo o mundo, a súa obra pódese contemplar en diferentes museos de toda Galicia e tamén noutros lugares como Noruega, Arxentina, Venezuela, Estados Unidos, Puerto Rico, Francia, Alemania, Portugal, Bélxica ou Holanda.

Compartir: