OBRAS
O Concello procederá á apertura da rúa Grabador Manuel Facal
Martes 30 de maio do 2006
O Concello ven, igualmente, de proceder á apertura das rúas Vila de Negreira e Vila de Noia, polas que xa se pode transitar e que foron adecuadas cunha primeira capa de rego asfáltico. Con posterioridade, procederase á dotación do aglomerado. Asimesmo, a Avenida de Bergantiños é tamén transitable, tras botarlle unha primeira capa de zahorra. O goberno municipal quere agradecer aos veciños a boa disposición para a cesión dos terreos e así poder levar a cabo diferentes actuacións que redundan no beneficio de todos e axudan a mellorar a calidade de vida.