Inicio Carballo ao día Hemeroteca A concellería de Cultura presentou o...

CULTURA

A concellería de Cultura presentou o ‘Ciclo de Xóvenes Intérpretes’

Martes 30 de maio do 2006

O segundo dos concertos terá lugar o venres día 2 de xuño, nos que interverán un grupo de solistas de distintos instrumentos e a Orquestra Xuvenil de Corda, formada por 19 mulleres. O programa pecharase o venres 9 de xuño, co Coro do Consevatorio e o Grupo de Acordeóns, ademáis de varios solistas.

Teatro na rúa

A concellería de Cultura anuncio tamén que o vindeiro sábado, a partir das 12,30 horas e até as 14,30 horas, as rúas Desiderio Varela, Camiño Novo, a Praza de Galicia e a Praza do Concello serán o escenario do espectáculo de teatro de rúa Artix, a cargo das compañías Pistacatro e Festicultores. Carballo é o punto final dunha xira promovida pola Xunta da Galicia, a través das Consellerías de Innovación e Industria, Cultura e Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e coa colaboración dos concellos.

Compartir: