Inicio Carballo ao día Hemeroteca O conselleiro de Industria inaugurou as Xornadas...

INDUSTRIA

O conselleiro de Industria inaugurou as Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

Venres 26 de maio do 2006

O conselleiro de Innovación e Industria falou das liñas estratéxicas trazadas pola Xunta de Galicia en favor de lograr un maior beneficio da producción propia. Ademáis, Fernando Blanco cifrou no 10% o aproveitamento que recibirán os concellos dos recursos totais que xenere a enerxía eólica.

Programa

As primeiras ponencias das xornadas correron a cargo de Manuel Caride González, enxeñeiro técnico industrial e técnico da Dirección Xeral de Industria e a Subdirección Xeral de Enerxía da Xunta, e Nicolás Vázquez Iglesias, enxeñeiro industrial que traballa na área de renovables do INEGA. Durante a mañá de hoxe venres foi o turno para José Ángel Abad Sánchez, Sara Cacabelos Reyes e Juan Álvarez Carril, mentres que pola tarde falarán José Carlos Codón, José Angel Fernández, Santiago Gómez-Randulfe Álvarez e José Antonio Montero Rodríguez. As ponencias e diferentes actos continuarán ao longo de toda a fin de semana, podéndose consultar toda a programación das xornadas na páxina de Axober. Ademáis, estas II Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético contan con con dúas exposicións. O Instituto Enerxético de Galicia -INEGA- aporta a mostra A través das Enerxías, que poderá contemplarse no segundo piso do multiusos carballés. Ademáus, a exposición Enerxías Renovables reunirá nunha carpa exterior os productos de quince empresas do sector enerxético. A clausura das xornadas terá lugar o domingo, 28 de maio, ás 13,30 horas.

Compartir: