Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello seleccionará once traballadores...

EMPREGO

O Concello seleccionará once traballadores inscritos no Programa Labora

Mércores 17 de agosto do 2005

O perfil dos postos de traballo e as titulacións que se lle requirirán aos aspirantes son as seguintes:

  • Un enxeñeiro técnico Agrícola para o "Inventario e catalogación do Patrimonio Municipal e control de existencias".
  • Un licenciado en Pedagoxía para o "Programa lúdico para a infancia".
  • Un licenciado en Historia ou en Humanidades para a "Posta en marcha da fonoteca municipal".
  • Un diplomado en Relacións Laborais para a "Actualización das oficinas xerais do Concello de Carballo".
  • Un licenciado en Filoloxía ou en Humanidades para o "Programa de animación á lectura".
  • Dúas prazas para o "Programa de alfabetización dixital". Os titulados que poden optar a estas prazas son diplomados en Educación social, Traballo social ou Enxeñería técnica informática, e os técnicos superiores en Desenvolvemento de aplicacións informáticas.
  • Un licenciado en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía para o "Apoio ao Centro de Información á Muller (CIM)"
  • Dúas prazas para o "Apoio á brigada de obras municipal". Non se require titulación específica.
  • Un técnico superior en Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción para o "Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción".

O Programa Labora - Xuventude con experiencia foi unha iniciativa de inserción laboral da Consellaría de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (actual Consellaría de Traballo) destinado a recén titulados que acceden ao seu primeiro emprego. O obxectivo do programa é ofrecerlle unha oportunidade a mozos con formación para que adquiran experiencia laboral durante ano que lles permita acceder máis facilmente ao mercado de traballo.

Os aspirantes terán que ser menores de 30 anos, que non traballaran por conta propia nin allea durante máis de 180 días nos últimos tres anos e que estean inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia cando menos durante un período de 4 meses.

Compartir: