Inicio Carballo ao día Hemeroteca A conselleira de Vivenda asina en Carballo o...

VISITA INSTITUCIONAL

A conselleira de Vivenda asina en Carballo o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

Mércores 24 de maio do 2006

A visita comezará cunha recepción no Concello por parte da corporación municipal, onde se procederá á sinatura do convenio. Con posterioridade, a conselleira trasladarase atá Bértoa, para coñecer o emplazamento do polígono industrial. Segundo recolle o convenio, as dúas zonas de ampliación desenvolveranse de forma conxunta. A ampliación prevista no convenio completaría aos 739.000 metros cadrados que se están a desenvolver na actualidade e o polígono industrial de Bértoa pasaría a contar con cerca de dous millóns de metros cadrados.

Compartir: