POLÍGONO
O Concello e Vivenda asinan o convenio para a ampliación do Polígono Industrial
Martes 23 de maio do 2006
Segundo recolle o convenio, as dúas zonas desenvolveranse de forma conxunta xa que, aínda que se trate de dous proxectos diferentes, o goberno traballou para que o seu desenvolvemento fora continuo. O borrador do convenio foi aprobado recentemente pola Xunta de Goberno Local e agora debe ser asinado pola Consellería de Vivenda, Xestur e o Concello de Carballo. A chegada da conselleira de vivenda a Carballo está prevista para as 17,00 horas.