Inicio Carballo ao día Hemeroteca José Javier Villace foi o gañador...

CONCURSO

José Javier Villace foi o gañador do concurso de ideas da Escola Infantil Municipal

Martes 23 de maio do 2006

O primeiro accesit do concurso correspondiu a Emilio Rodríguez Blanco, coa proposta de Froebel e o segundo accesit foi para Nombrable, a cargo de Luis Miguel Camba Constenla. Ambos recibirán 1.500 euros de premio. Ademáis, como finalistas do concurso quedaron Garabato, Ara 01, Pateza e YTP01.Os criterios que seguiron os membros do xurado responderon á funcionalidade, resolución do contorno, calidade estética e un estudio realista de construcción e solucións técnicas. O seguinte paso no proceso será a convocatoria da mesa de contratación e a adxudicación e redacción do proxecto na Xunta de Goberno Local. Unha vez redactado o proxecto e ser visado pola Oficina Técnica e aprobado pola Xunta de Goberno Local, remitiríase o mesmo á Vicepresidencia da Xunta de Galicia para incluilo en Galescola e comezar as obras en 2006, para telas rematadas en 2007.

Compartir: