Inicio Carballo ao día Hemeroteca O teatro de primeira liña regresa a...

CULTURA

O teatro de primeira liña regresa a Carballo con ‘Hijos de mamá’

Luns 22 de maio do 2006

Hijos de mamá conta a historia de dous irmáns, un deles xa independizado e outro que aínda vive coa nai. Un grave suceso xunta aos dous baixo o mesmo teito e desencadea unha serie de divertidos equívocos que cambian por completo a situación inicial. Sobre esta obra escribiuse que era unha nova homenaxe, en forma de parodia, do cine de Alfred Hitchcock e a escritura de Patricia Highsmith, quizá en referencia a ‘Tira a mamá del tren’, película interpretada e dirixida por Danny de Vito. No acto de presentación da obra, o director da oficina de Caixanova en Carballo, José Ulfe, manifestou que "o espectáculo volve a ser unha obra de teatro pola gran tradición e excepcional acollida que este xénero ten entre os carballeses". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, engadiu que "volvemos a contar cun espectáculo de alta calidade, con dous primerísimos actores, e cos prezos máis baixos de toda Galicia".

Compartir: