PADRÓN
O Concello levará a cabo unha campaña de verificación padroal
Luns 22 de maio do 2006
O cidadán poderá aproveitar a ocasión para aportar medios de contacto como teléfonos fixos, móbiles ou direccións de correo electrónico que permitirán ao concello implantar sistemas de información e notificación cidadán máis áxiles. Cada cidadán empadroado recibirá unha carta (menores incluidos) na que constan as instruccións para cumplimentar o documento, así como o teléfono de información padroal (981709001) e correo electrónico de contacto padron@carballo.org. Cada 15 días enviarase unha remesa correspondendo con tres seccións estatísticas, de modo que o proceso de revisión rematará en catro meses. Se transcurrido ese tempo non se recibe nengunha carta, será convinte porse en contacto co Concello para verificar se se está empadroado ou existe algún erro no enderezo. O Concello quere recordar a importancia que ten o estar empadroado para o cidadán, así como a repercusión para a xestión do Concello por ter a necesidade de identificar toda a poboación real para dimensionar servizos adecuadamente.