Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello colabora na quinta edición da...

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Concello colabora na quinta edición da Novanet Party

Venres 12 de agosto do 2005

A Novanet Party é unha xuntanza afeccionados ao mundo da informática e das novas tecnoloxías. O obxectivo é crear un espazo de intercambio e convivencia durante catro días. Todos os participantes estarán conectados á Internet e tamén entre eles, ininterrompidamente.

Á parte, esta edición do encontro - que organiza a pola Asociación Novanet - inclúe unha serie de actividades paralelas. Haberá conferencias e talleres sobre diferentes temas como o software libre para empresas, a seguridade informática ou o uso do galego nas novas tecnoloxías. Outros atractivos da quinta edición son os concursos que se teñen preparados sobre fotografía, programación, deseño web e mesmo "tuneado" dos equipos.

O alcalde de Carballo expresou vontade do Concello de que o encontro vaia tendo máis éxito cada ano. Nesta edición, o espazo de celebración é moito máis grande e cómodo que en anos anteriores, xa que se dispón de duchas e de áreas de descanso. "Apoiar este tipo de iniciativas é un xeito de seguir a impulsar a unión de persoas que comparten aficcións", destacou o rexedor.

Compartir: