Inicio Carballo ao día Hemeroteca Portos elaborará un proxecto para mellorar...

LITORAL

Portos elaborará un proxecto para mellorar o entorno do porto de Razo

Venres 19 de maio do 2006

Os responsables de Portos de Galicia coincidiron na necesidade de dar unha solución ao estado deficiente que presentan as instalacións do porto e mellorar toso ese espazo. Así, determinouse a idea de facer máis accesible o acceso para as embarcacións, cunha rampa, e facer certas melloras nos cobertizos e en todas as construccións que na actualidade presentan unha mala calidade. Os responsables de Portos non viron viable a construcción dun porto deportivo, dado o elevado custo do proxecto, aínda que o acordo adoptado dá solución a un dos obxectivos do goberno, que é o de poñer en valor o entorno do porto de Razo.

Compartir: