CULTURA
A música e o teatro, protagonistas do programa das Letras esta fin de semana
Venres 19 de maio do 2006
No mesmo actuarán, alternando grupos uruguaios e galegos, Arrankandombe, Tumbalobos Orquestra, Asociación 25 de Agosto, grupo de baile e música tradicional Bilitroque de Berdillo, Raúl Pereira, Raigañas e Diego Berardi.
O sábado 20 de maio seguen as actuacións por mediación de Vagalume Teatro, que achega ao Pazo da Cultura Unha pandilla de pillas e O calzonazos a partir das 21,00 horas. Os actos do programa das Letras do Concello de Carballo seguirán a desenvolverse até o día 28 de maio, coa participación dos escolares de Carballo no Correlingua en A Coruña, unha viaxe Andando a Terra Carballo-Ferrol-Ribadeo-Mondoñedo, organizada por Lumieira e os Encontros Culturais Arume, cun festival de Música e Baile Tradicional.