Inicio Carballo ao día Hemeroteca As Escolas do Padroado participan no Campionato...

DEPORTE

As Escolas do Padroado participan no Campionato Galego de Natación Escolar

Venres 19 de maio do 2006

Os clasificados para disputar este Campionato Galego son Ruben Anes Gomez, en 50 m. Mariposa, Alejandro López Pardo, en 50 m Braza, Ivan Nogales Rabuñal, en 50 m Mariposa e 50 m Espalda, Diego Pombo García, en 50 m Espalda, Sofía Puente Varela, en 50 m Braza e Óscar Tust García, en 50 m Mariposa e 50 m Braza. Todos os representantes das Escolas do Patroado son nenos de 1º ano de alevín, é dicir, nados en 1995.

Deporte escolar

Na fase intercomarcal de deporte escolar, celebrada a pasada fin de semana, o Caixanova Xiria A proclamouse campión en balonmán alevín masculino. En fútbol sala, o CEIP Bergantiños rematou en cuarta posición, ao igual que na disciplina de xadrez. En baloncesto alevín masculino, o Colexio Artai A foi terceiro, mentres que o Artai B rematou en cuarto lugar. En baloncesto alevín feminino o Colexio Artai C rematou tamén na cuarta posición. Finalmente, en voleibol masculino ou mixto, o CEIP A Cristina foi subcampión, mentres que o CEIP Bergantiños rematou en cuarta posición.

Compartir: