SEGURIDADE
O concello rexistra un notable descenso de delitos no primeiro cuatrimestre de 2006
Xoves 18 de maio do 2006
Os participantes da Xunta Local de Seguridade abordaron outros asunntos na xuntanza, como a análise e medidas a tomar sobre o consumo e tráfico de estupefacientes, ademáis de vixilancia xeral na tempada do verán na zona de praias. Outros datos que se puxeron de manifesto foron que, nestes primeiros catro meses de ano, produciuse un significado incremento nas probas de alcoholemia positiva, con 25 casos respecto aos 39 detectados durante todo o ano 2005. Ademáis, téñense producido 14 detencións no que levamos de 2006, fronte ás 13 realizadas en 2003 e outras tantas en 2004.