Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ana Rodríguez e Ramón Vilar reciben...

LINGUA

Ana Rodríguez e Ramón Vilar reciben os premios a artigos xornalísticos normalizadores

Xoves 18 de maio do 2006

Ésta terá lugar no transcurso dunha mesa redonda sobre Os medios de comunicación escrita en galego, na que participan os seguintes membros da Asociación de Medios Escritos en Galego (AME): Lois Rodríguez, editor do xornal dixital Vieiros, Xavier Cea, subdirector do xornal Galicia Hoxe, Guillermo Rodríguez, director de A Peneira e Belén Puñal, coordinadora de Tempos Novos.
Ana Rodríguez Barreiro naceu en 1978, é de Lugo e é funcionaria do corpo de profesores de ensino secundario. O seu artigo, Sinfonía en galego maior, destaca pola súa calidade e sonoridade, e nel analízase a transmisión interxeracional da lingua e faise un chamamento ao uso do galego como lingua do país. Ramón Vilar Landeira naceu en 1973 e é de Cerceda. É licenciado en Filoloxía Galega e traballa no mundo do xornalismo. Foi colaborador habitual da edición Carballo de La Voz de Galicia, onde mantiña a sección Radiografías, e na actualidade traballa como redactor en El Faro de Vigo. Tamén e autor de narrativa e poesía e gañou varios premios nestes xéneros. O seu artigo, Un idioma na cetaria analiza o problema da diglosia.

Compartir: