SERVIZOS SOCIAIS
O Imserso organiza viaxes para as persoas maiores
Martes 16 de maio do 2006
Os requisitos para acceder ao programa de vacacións son ter como mínimo 65 anos cumpridos, pensionistas de xubilación do Sistema Público de Pensións, outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados, en ambos casos con 60 anos cumpridos e presentar unha solicitude. A parexa non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión. Admitirase como acompañante a un fillo/a con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 45%, sempre que realice a viaxe cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. A participación nun turno de vacacións inclúe viaxe de ida e volta no medio de transporte programado -excepto na modalidade de viaxes sen transporte-, aloxamento en réxime de pensión completa, póliza de seguros colectiva, servizo médico, complementario da Seguridade Social e programa de animación. Pódese descargar o folleto informativo para ter máis información das viaxes.