TRANSPORTE
A Estación de Autobuses volve a funcionar con normalidade
Luns 15 de maio do 2006
Estas consistiron en novos traballos na cuberta inteior, o reforzo das zapatas, e melloras técnicas para facer desaparecer a condensación que provocaba humidades con asiduidade. O director xeral de Transportes, José Carlos Baños, destacou "a rapidez con que se levaron a cabo os traballos, tendo en conta que se tivo que proceder ao desmantelamento da estación, encargar o proxecto e executalo. Ademáis aproveitamos para introducir diversas melloras que favorecen á nova instalación e, ainda que sempre se pode mellorar, a Estación compre a día de hoxe cunha boa dotación para levar a cabo os servizos básicos". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, engadiu que "non podemos facer un acto festivo desta reapertura, por mor das causas que provocaron a mesma, e destacaría tamén a celeridade coa que se fixeron os traballos. Teño que felicitar á Consellería de Obras Públicas porque tivemos desde o primeiro momento un contacto moi intenso e logramos dar una resposta inmediata. O noso desexo agora é a de que os responsables do incendio paguen por este tipo de actos e nese sentido seguiremos traballando".
A Estación de Autobuses tívose que pechar ao público logo do incendio que asolou ás instalacións o pasado 10 de febreiro. Por aquel entón, a Estación de Autobuses sufriu un acto vandálico de madrugada que derivou na queima de catro autobuses -tres da empresa Arriva e un de Aucasa- e un incendio que provocou danos na estructura da Estación, afectando tamén ás cocheras. Catro días despóis dábanse por rematados os traballos de desmantelamento na estación, consistentes na retirada do teito e estructura da cochera da Estación e no desguace dos catro autobuses calcinados, logo de vaciar os depósitos do combustible que aínda permanecía nos tanques. As compañías de transporte seguiron prestando servizo aos viaxeiros no exterior da Estación, mentres se procedía á reforma do inmoble.