Inicio Carballo ao día Hemeroteca A contenerización soterrada na rúa...

MEDIO AMBIENTE

A contenerización soterrada na rúa Coruña comezará a funcionar en breve

Luns 15 de maio do 2006

Coa instalación da contenerización soterrada preténdese manter e recuperar a estética urbana e reducir notablemente o impacto visual e estético ocultando os colectores de superficie. A medida permitirá, igualmente, un aforro importante ao reducir a frecuencia de recollida, favorecida polo incremento da capacidade de almacenamento. Tamén premitirá reducir os gastos de reposición de colectores, ao non estar expostos a agresións vandálicas ou meteorolóxicas. Outras das ventaxas da contenerización soterrada son que facilita a recollida selectiva na orixe, elimina os malos olores e reporta una mellora estética importante.

Compartir: