Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o convenio para a ampliación do...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

Luns 15 de maio do 2006

Dito desenvolvemento farase mediante a fomrulación dos correspondentes instrumentos urbanísticos conforme ao dispoto para dita clase de solo na lei de ordenación urbanística de Galicia. O Instituto Galego de Vivenda e Solo encargará a Xestur Coruña, mediante a sinatura do correspondente convenio, a xestión e execución precisa para o desenvolvemento de cada unha das áreas complementarias do Proxecto Sectorial de Carballo. O Concello, ademáis de prestar a colaboración xeral necesaria en canto conveña a dita actuación, asume diferentes compromisos específicos como tramitar e aprobar os plans de sectorización e urbanización das superficies obexcto do presente convenio, a execución das obras e servizos de infraestructuras exteriores que sexan necesarias ou facilitar a obtención de licenzas polos compradores de parcelas urbanizadas aínda antes de rematadas as obras de urbanización.

Outros acordos

A Xunta de Goberno Local deu conta do Programa estratéxico de infraestructuras no medio rural no ano 2006, coa proposta de convenio para levar a cabo a obra Mellora do afirmado do camiño Aspallas a Pifaina e outros e construcción de depuradoras a Regueira e outra. Deuse conta tamén do acordo de prórroga ao convenio de cooperación coa Consellería de Sanidade e o Concello de Carballo para o desenvolvemento de programas de tratamento de drogodependencias non exclusivamente alcohólicas e ao convenio para a autorización de obras de acondicionamiento da servidume de uso público nas ribeiras do río Anllóns.

No tocante aos expedientes de contratación, a Xunta de Goberno Local aprobou un total de nove. Son os referentes ás obras de Afirmado de camiños en Barreiros e Xoane, incluida no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal e de Rede Viaria Local, POS2006 e cun orzamento de contrata de 55.803,69 euros, a Reparación de cuberta do Complexo Deportivo Zona Escolar, subvencionada pola Deputación Provincial e cun orzamento de 20.573,71 euros, o Afirmado do camiño de San Sadurniño a Cornaces, obra incluida tamén no POS2006 e cun orzamento de 59.469,71 euros, o Afirmado do camiño en Ponte Guntián, incluida no POS2006 e cun orzamento de 39.046,10 euros, o Cerramento de Pavillón da Escola da Gándara en Sofán suvencionada pola Deputación Provincial e cun orzamento de 21.920,75 euros, o Edificio Centro Socio-Cultural, fase 2, parroquia de Sofán, tamén subvencionada pola Deputación e cun orzamento de 136.402,58 euros, as Medidas preventivas para evitar a erosión dos taludes da praia de Razo cun orzamento de 59.374,68 euros, a Reforma pavillón de Escola Fogar, subvencionada pola Deputación Provincial e cun orzamento de 39.537,42 euros e as Obras menores no campo Municipal das Pedreiras, subvencionada pola Deputación Provincial e cun orzamento de 21.970,52 euros.

Ademáis, adxudicáronse oito máis. Son os referentes as obras de Afirmado de camiño en Vilela, incluida no POS PLAN ADICIONAL 2/2005 e cun oprzamento de contrata de 80.851,55 euros, a Rede de saneamento en Taboada, 1ª fase, parroquia de Entrecruces, incluida no Plan de Investimentos Locais, PIL 2005 e cun orzamento de 96.981,90 euros, a Rede de saneamento en Espiño e Ramil, parroquia de Sísamo cun orzamento de 69.635,55 euros, a Rede de saneamento en Xoane, parroquia de Goians cun orzamento de 87.216,85 euros, a Rede de saneamento na parroquia de Oza, 1ª fase cun orzamento de 81.989,55 euros, a Rede de saneamento en Queo, 1ª fase, parroquia de Bértoa cun orzamento de 85.700,67 euros, a Rede de saneamento en Castelo, 1ª fase, parroquia de Vilela, cun orzamento de 76.751,91 euros, todas estas últimas tamén incluidas no Plan de Investimentos Locais, e o contrato administrativo especial Cobertura das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Compartir: