OBRAS
O Concello entregará a Obras Públicas a memoria valorada para a execución da Ponte da Casilla
Venres 12 de maio do 2006
Actualmente, as beirarrúas da rúa son máis estreitas pola súa marxe esquerda, dirección Finisterre. Con estes traballos preténdese ampliar o ancho das beirarrúas no tramo situado sobre o río Anllóns, respetando a baixada á zona fluvial e dotando á zona de alumeado, con luminarias iguais ás xa existentes no resto do tramo. A actuación contempla o ensanche da beirarrúa por medio dunha obra de fábrica, consistente nunha estructura de formigón armado, formada por dos estribos e un taboleiro de losas alveolares. Ademáis, executarase unha escaleira de baizada ao cauce do río e dotarase tanto á escaleira como á ampliación da ponte das súas correspondentes barandillas. Darase tamén continuidade ao alumeado existente, coa execución de catro novos puntos de luz.