Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local aborda o convenio para a...

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local aborda o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

Venres 12 de maio do 2006

Ademáis, a Xunta de Goberno Local dará conta do Programa estratéxico de infraestructuras no medio rural no ano 2006, coa proposta de convenio para levar a cabo a obra Mellora do afirmado do camiño Aspallas a Pifaina e outros e construcción de depuradoras a Regueira e outra. Darase conta tamén do acordo de prórroga ao convenio de cooperación coa Consellería de Sanidade e o Concello de Carballo para o desenvolvemento de programas de tratamento de drogodependencias non exclusivamente alcohólicas e ao convenio para a autorización de obras de acondicionamiento da servidume de uso público nas ribeiras do río Anllóns.

No tocante aos expedientes de contratación, a Xunta de Goberno Local levará nove para a súa aprobación. Son os referentes ás obras de Afirmado de camiños en Barreiros e Xoane, incluida no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal e de Rede Viaria Local, POS2006, a Reparación de cuberta do Complexo Deportivo Zona Escolar, subvencionada pola Deputación Provincial, o Afirmado do camiño de San Sadurniño a Cornaces, obra incluida tamén no POS2006, o Afirmado do camiño en Ponte Guntián, incluida no POS2006, o Cerramento de Pavillón da Escola da Gándara en Sofán suvencionada pola Deputación Provincial, o Edificio Centro Socio-Cultural, fase 2, parroquia de Sofán, tamén subvencionada pola Deputación, as Medidas preventivas para evitar a erosión dos taludes da praia de Razo, a Reforma pavillón de Escola Fogar, subvencionada pola Deputación Provincial e as Obras menores no campo Municipal das Pedreiras, subvencionada pola Deputación Provincial. Ademáis, lévanse oito máis para a súa adxudicación. Son os referentes as obras de Afirmado de camiño en Vilela, incluida no POS PLAN ADICIONAL 2/2005, a Rede de saneamento en Taboada, 1ª fase, parroquia de Entrecruces, incluida no Plan de Investimentos Locais, PIL 2005, a Rede de saneamento en Espiño e Ramil, parroquia de Sísamo, a Rede de saneamento en Xoane, parroquia de Goians, a Rede de saneamento na parroquia de Oza, 1ª fase, a Rede de saneamento en Queo, 1ª fase, parroquia de Bértoa, a Rede de saneamento en Castelo, 1ª fase, parroquia de Vilela, todas estas últimas tamén incluidas no Plan de Investimentos Locais, e a Cobertura administrativo especial Cobertura das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Compartir: