DEPORTE
Un centenar de rapaces do Concello participan das fases Intercomarcales de Deporte en Idade Escolar
Xoves 11 de maio do 2006
Na disciplina de balonmán, a disputar en categoría alevín masculino en Camariñas, o Concello de Camariñas (2º na liga do Padroado) enfróntase ao Club Oar Azul no Pavillón de Camariñas ás 10,30 horas. Á mesma hora, o Caixanova Xiria A (1º da liga do Padroado) enfróntase ao Colexio Liceo La Paz no Pavillón Ponte do Porto. A final e o partido para dilucidar o 3º e 4º posto disputaranse nos mesmos pavillóns, a partir das 12,15 horas. O resto das fases disputaranse en A Coruña. En fútbol sala alevín masculino, o CEIP Bergantiños (1º da liga do Padroado) enfróntase ao Colexio Liceo La Paz a partir das 11,00 horas no Pavillón de Elviña. Ás 12,15 horas dispútase no mesmo lugar a segunda semifinal, que enfrenta á Agrupación Polideportiva de Camber frente ao Concello de Ponteceso (1º Costa Bergantiñá). Tamén no Pavillón de Elviña terá lugar a final de consolación, a partir das 16,30 horas e a final, a partir das 17,45 horas. Na disciplina de voleibol, en categoría alevín masculino o mixto, o CEIP Bergantiños (2º da liga do Padroado) enfróntase ao CV Aldevarán de San Sadurniño a partir das 11,00 horas no Pavillón Monte das Moas. Á mesma hora dispútase no mesmo lugar a segunda semifinal, que enfrenta ao CEIP A Cristina (1º da Liga do Padroado), fronte ao Colexio Calasancias. A final e 3º e 4º posto disputaranse ás 12,15 horas. En baloncesto alevín masculino, a disputar no Pavillón da Sardiñeira, o Colexio Artai B (2º na Liga do Padroado) enfróntase ao Basquet Coruña ás 11,00 horas. Ás 12,15 horas, o Colexio Artai A (1º na Liga do Padroado) enfróntase ao Colexio Santa María del Mar. O partido polo 3º e 4º posto terá lugar ás 16,30 horas e a final ás 17,45 horas. En baloncesto alevín feminino, a disputar no Pavillón da Sardiñeira, o Colexio Artai C (1º na Liga do Padroado) enfróntase ao Colexio Compañía de María ás 12,15 horas. Ás 11,00 horas dispútase a outra semifinal, que enfrenta ao Colexio Santa María del Mar e Basquet Coruña. O partido polo 3º e 4º posto terá lugar ás 16,30 horas e a final ás 17,45 horas. Por últimon en xadrez alevín masculino ou mixto, a celebrar no salón de actos de Elviña, o CEIP Bergantiños (1º de Carballo), enfróntase á AD Alexandre Bóveda ás 11,00 horas. O CEIP Wenceslao Fernández Flórez e o Graxal A compiten á mesma hora. A Final e o 3º e 4º posto disputarase de 16,30 a 18,30 horas.