Inicio Carballo ao día Hemeroteca Regresan os participantes da viaxe a Roma co...

CULTURA

Regresan os participantes da viaxe a Roma co programa ‘Vivir o Mundo’

Xoves 11 de maio do 2006

A duración da viaxe foi de catro días / tres noites, con réxime de pensión completa na residencia Centro Giovanni XXIII, situada a 13 quilómetros do centro histórico de Roma. Os rapaces puideron disfruta das amplas instalacións deportivas que posúe, así como unha sala especial de cine onde se poden proxectar as películas ou organizar as noitadas. Durante a estadía en Roma, que en todo momento estivo guiada por monitores especializados e guías locais, os participantes coñeceron in situ lugares como o Campidoglio, os Foros, o Colosseo, a Piazza Campo dei Fiori, Piazza Navona, Piazza del Popolo, Vaticano... Complementariamente realizáronse actividades culturais e visitas a outros monumentos e lugares de interese histórico-artístico. Todas as visitas acompañáronse co Material Didáctico e un Caderno de Traballo.

Compartir: