Inicio Carballo ao día Hemeroteca Doce rapaces do concello partiron a Roma co...

CULTURA

Doce rapaces do concello partiron a Roma co programa ‘Vivir o Mundo’

Luns 8 de maio do 2006

A duración da viaxe é de catro días / tres noites, con réxime de pensión completa na residencia Centro Giovanni XXIII, situada a 13 quilómetros do centro histórico de Roma. que posúe amplas instalacións deportivas, así como unha sala especial de cine onde se poden proxectar as películas ou organizar as noitadas. Durante a estadía en Roma, que en todo momento estará guiada por monitores especializados e guías locais, os participantes coñecerán in situ ligares como o Campidoglio, os Foros, o Colosseo, a Piazza Campo dei Fiori, Piazza Navona, Piazza del Popolo, Vaticano... Complementariamente realizaranse actividades culturais e visitas a outros monumentos e lugares de interese histórico-artístico. Todas as visitas acompañaranse co Material Didáctico e Caderno de Traballo.

Compartir: