Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a Final Provincial de...

DEPORTE

Carballo acolle a Final Provincial de Duatlón Escolar

Venres 5 de maio do 2006

Cada equipo estará formado por un máximo de 6 corredores/as, dos que puntuarán os 3 mellores clasificados. Estableceranse dúas clasificacións: individual, segundo a orde de entrada na meta, e por equipos, sumando os puntos obtidos polos tres corredores/as mellor clasificados/as. resultará vencedor o equipo que obteña menor número de puntos. A categoría alevín, tanto masculino como feminino, correrá 1000 metros, fará 4000 metros a bici e finalizará con outros 500 metros de carreira. Na categoría infantil as distancias serán de 2000, 8000 e 1000 metros e en cadetes de 3000, 12000 e 1500 metros. O presidente do Fogar Triatlón Carballo, Carlos Mancebo, manifestou na presentación do evento que "o importante da proba é ir creando escola e base. Fundamentalmente estamos volcados coas categorías inferiores, posto que o equipo absoluto se foi desfacendo por distintos motivos". Sobre a competición, Carlos Mancebo argumentou que "a nosa cabeza visible é o equipo cadete, sobre todo feminino, e esperemos que siga co seu progreso, dedicación e esforzo. Nesta edición sí vamos poder contar coas campionas cadetes e, salvo algo inesperado, esperemos que o equipo feminino se clasifique para o campionato galego e que Sara Velo non teña problemas para quedar en primeira posición. Na categoría masculina casi é unha estrea, ainda que temos moi bos competidores e podemos ser primeiros ou segundos. Na categoría infantil atoparemos máis dificultadoes, xa que destaca sobre todo en natación. Ainda así, ao mellor logran a clasificación. A que menos opción ten é a categoría alevín, xa que se estrea nesta proba e só aportamos catro deportistas". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, engadiu que " é unha grata noticia que non sexa noticia que Carballo é sede dunha final provincial. A través da actuación do Concello facemos actuacións no deporte de base. A natación, ciclismo ou atletismo son saídas perfectas e Galicia reúne unhas condicións extraordinarias para a súa práctica. Por parte do Concello de Carballo debemos prestar atención ao deporte feminino. Temos que fomentar a igualdade no deporte e, neste senso, teño que felicitar o gran traballo que desenvolve o Fogar Triatlón Carballo".

Compartir: