Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobados catro expedientes de contratación

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobados catro expedientes de contratación

Martes 2 de maio do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases xerais e convocatoria unitaria para a selección das prazas de funcionarios de carreira incluidas na oferta de emprego público para 2006, as bases específicas e convocatoria para a selección de 4 prazas de Auxiliar Administrativo, incluidas tamén na oferta de emprego público para 2006 e as bases específicas e convocatoria para a selección de 2 prazas de gardas da Policía Local incluidas nas ofertas de emprego público dos anos 2005 e 2006.

Outros acordos

A Xunta de Goberno Local aprobou, ademáis, cinco certifiacións de obra. A segunda da Recuperación do entorno da Fervenza de Entrecruces e acondicionamento para área de recreo, a quinta e última correspondente á 3ª anualidade da Reforma e acondicionamento de instalacións deportivas na Avda. Bergantiños, zona Chorís, a segunda e última da Urbanización en Noicela, a primeira do Afirmado da rúa Vila de Negreira e a terceira da Execución de edificación destinada a Escola Taller de Carballo, Fase I, Nave 2 e 3. Ademáis, aprobáronse dúas autorizacións de vao permanente nas rúas Mahón e Brasil e adxudicouse o contrato de consultoría e asistencia para os traballos de redacción do Proxecto de Urbanización do Polígono nº 26 delimitado no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o traslado de cinco licenzas de apertura por actividades molestas, seis licenzas de obra, dúas licenzas de obra e apertura, unha de parcelación e outras dúas de primeira ocupación.

Compartir: