Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Museo de Bergantiños acolle a...

CULTURA

O Museo de Bergantiños acolle a inauguración da exposición de Maruxa Mallo, a transgresión feita muller

Martes 2 de maio do 2006

Os escolares dos centros educativos de Carballo poden realizar visitas en grupo, debendo os centros solicitalas no Centro de Información á Muller.

Obradoiros

Ademáis, realizaranse dúas actividades paralelas á mostra. O venres 5 de maio terá lugar un obradoiro de xogos surrealistas, a partir das 18,00 horas, mentres que o venres día 12, á mesma hora, realizarase un obradoiro de grabado. Hai quince prazas dispoñibles para cada un dos obradoiros e xa está aberto o prazo para que se inscriban os interesados. A inscrición deberá facerse no Centro de Información á Muller.

Lugares

Hoxe martes, 2 de maio, remata na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura a exposición de fotografía Lugares, da autora carballesa Adriana Suárez. A mostra está composta por unha serie de imaxes de diferentes cidades de Europa.

Compartir: