PREVENCIÓN
Íntegro aposta pola prevención das lesións medulares e o non aos accidentes
Venres 28 de abril do 2006
O presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, manifestou no acto que "é necesario educar, especialmente, á xuventude. Queremos que os alumnos vexan o vídeo e despóis nós explicarémoslle a nosa experiencia". O doutor Rodríguez Sotillo, da Unidade de Lesión Medulares da Coruña, apuntou que "Íntegro é un motor na comarca e é de agredecer a súa laboura. Con que só un xoven se libere dunha lesión, a campaña xa mereceu a pena". O presidente de COGAMI, Domingo Dosil, quen por certo asinou no libro de honra do Concello, engadiu que "hai que procurar que trala lesión non haxa un entorno hostil, senón educativo e formativo". O responsable do proxecto SINGRA da Cruz Vermella, Enrique Sanjurjo, dixo que "a sensibilización e prevención é tarefa de todos para que as campañas podan ter unha incidencia importante e chegar ao maior número de xente posible". A delegada provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes, apuntou que "a nosa área traballa na prevención de accidentes deportivos e vamos camiño de facer o programa Deporte en Igualdade, para que os discapacitados podan facer deporte nas mellores condicións. Non se inaugurará ningún pavillón que non compra coa normativa para discapacitados". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, fixo fincapé en que "a iniciativa merece o apoio de tódolos concellos e debemos adquirir o compromiso de seguir traballando, día a día, na eliminación de barreiras e lograr un bo sitio para vivir". A delegada provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Tareixa Novo, apuntou que "calquera tipo de campaña que poda evitar os problemas dunha soa persoa xa ten xustificación. A función das asociacións é sempre imprescindible e é imprescindible que as administracións as apoiemos". No acto tamén estiveron presentes os alcaldes de Laxe, Malpica, Cabana e Laracha.
Segundo datos de Íntegro, todos os anos prodúcense en Galicia de 100 a 120 casos de lesión medular. Os accidentes de tráfico e laborais son as causas máis frecuentes, pero no verán existe outro factor de alto risco: as zambullidas de cabeza en praias, piscinas ou ríos. Estes son os principais motivos polo que dese a asocaición lévanse a cabo, desde o ano 1992, estas campañas.