DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO
Amplíase seis meses o recoñecemento das explotacións agropecuarias existentes antes do 2003
Mércores 10 de agosto do 2005
A Dirección Xeral de Urbanismo considera necesario ampliar o prazo inicial de seis meses establecido na lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, debido ao elevado número de solicitudes presentadas.
Dende a Xunta sinálase que se están a tramitar máis de 30.000 solicitudes de recoñecemento administrativo das construcións e das instalacións destinadas a actividades agropecuarias, que xa existían no momento no que entrou en vigor a lei 9/2002 e que non estaban amparadas na preceptiva licenza urbanística.