Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Museo de Bergantiños acolle a...

CULTURA

O Museo de Bergantiños acolle a exposición de Maruxa Mallo, a transgresión feita muller

Venres 28 de abril do 2006

Os escolares dos centros educativos de Carballo poden realizar visitas en grupo, debendo os centros solicitalas no Centro de Información á Muller. Ademáis, realizaranse dúas actividades paralelas á mostra. O venres 5 de maio terá lugar un taller de xogos surrealistas, a partir das 18,00 horas, mentres que o venres día 12, á mesma hora, realizarase un taller de grabado. Hai quince prazas dispoñibles para cada un dos obradoiros e xa está aberto o prazo para que se inscriban os interesados. A inscrición deberá facerse no Centro de Información á Muller.

Fin dos Venres Culturais

Este venres, 28 de abril, remata o programa dos Venres Culturais do Concello de Carballo coa representación de García a cargo da compañía galega Teatro do Adro. A función ten lugar a partir das 21,00 horas no Pazo da Cultura e o prezo da entrada é de 2,5 euros. Teatro do Adro representa a historia dun preso, García, que leva en prisión no soto dun castelo 17 anos. Rodrigo, un vello amigo seu, logra entrar na súa cela coa intención de liberalo e, como parte dunha conxura secreta, erixilo en símbolo do rexurdir do seu reino. A obra foi estreada en abril de 2005 e estivo nominada aos premios Max 2005 como Mellor Texto Teatral e Mellor Maquillaxe.

Compartir: