Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 30 agrupacións musicais...

CULTURA

Máis de 30 agrupacións musicais asinan un convenio de actuacións para 2006

Mércores 26 de abril do 2006

A través deste convenio, a Concellería de Cultura trata de contribuir á promoción da música e do folclore que se desenvolve no concello, difundir o labor que as agrupacións musicais realizan e, tamén, de colaborar coas diferentes entidades que ao longo do ano organizacn diversos actos culturais en Carballo, facilitándolle recursos que enriquezan as súas actividades. As agrupacións musicais que se acollen a este convenio comprométense a realizar dúas actuacións, que determina o Concello segundo as demandas recibidas das asociacións, comisións de festas, ou outras entidades que desexen contar con alguha actuación das agrupacións asinantes. Os impresos poden recollerse na Concellería de Cultura. O único compromiso das entidades solicitantes das actuacións é proporcionar os locais ou instalacións adecuadas para a celebración da actuación.

Compartir: