Inicio Carballo ao día Hemeroteca Presentadas as II Xornadas de Enerxías...

INDUSTRIA

Presentadas as II Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

Mércores 26 de abril do 2006

O programa das xornadas está prácticamente pechado e sobresaen as 18 ponencias que se van facer nos catro días. Ademáis, o INEGA aporta a exposición A través das Enerxías para a celebración do evento. No acto de presentación, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou que "o Concello ten o compromiso, con AXOBER, de ter que demandar das distintas administracións o avalar e apoiar unhas xornadas como estas. Dase un salto importante de calidade e de impacto cun programa moi completo. Se nos queremos marcar novos retos, esperemos que se supere o éxito das primeiras xornadas", comentou. O director do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Xoán Ramón Doldán, aregumentou que "estas xornadas servirán para avanzar no traballo da difusión da enerxía solar ou da biomasa. Estamos na segunda edición e no camiño do que pode ser unha consolidación que esperemos poda darse. Nos non nos podíamos negar á colaboración, xa que o INEGA traballa nos ámbitos, sobre todo, das enerxías renovables e o aforro enerxético", manifestou.

Compartir: