COMUNICACIÓNS
A circunvalación de Carballo será sometida a exposición pública o próximo verán
Martes 25 de abril do 2006
A conselleira de Política Territorial manifestou que a variante de Carballo permitirá eliminar do centro da cidade o alto nivel de tráfico actual. O anuncio fíxose en Vimianzo, onde o presidente do Executivo galego e a conselleira presentaron a Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte, unha infraestrutura viaria homoxénea, de 66,6 quilómetros de lonxitude desde Carballo até Cee. A nova infraestructura viaria suporá un investimento de 217 millóns de euros e terá características de corredor no treito entre Carballo e Cee, cun total de 56,8 quilómetros de lonxitude. No momento en que a intensidade de tráfico así o requira, as condicións do corredor permitirán o seu desdobramento para convertelo en autovía.