DEPORTE
Éxito de organización da fase final provincial de natación escolar
Martes 25 de abril do 2006
Nesa categoría benxamín conseguironse, ademáis, un primeiro posto en 25 metros mariposa, a cargo de Elena Vecino, e varios segundos e terceiros postos, incluidos os de relevos en categoría masculina. En categoría alevín, o Padroado conseguiu o terceiro posto na clasificación conxunta, destacando o terceiro posto de Alejandro López en 50 metros braza. A categoría benxamín finalizou a súa competición, non así a alevín, que terá a final do campionato Galego o 27 de maio, á que acudirán os 24 mellores tempos de cada proba das catro provincias. Á entrega de medallas e trofeos acudiron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a delegada provincial de Cultura e Deportes, Milagros Lantes, e o xefe do servicio provincial de Deportes da Provincia da Coruña, Enrique Rodriguez.